Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A condesa descalza
Onte botaban na 2 o clásico "A condesa descalza" (1954) e decidín vela, porque creía que non a vira nunca. Foi unha ben grata experiencia, e iso que a min Ava Gardner non me convence demasiado, pero teño que recoñecer que esta vez si o fixo.

Todo parece indicar que a película foi feita para maior lucimento de Humphrey Bogart e Ava Gardner. Só hai algún secundario que destaca ao longo de toda a película, como Edmund O'Brien. Pero en calquera caso, o experimento non saíu nada mal.

A pesar desas dúas grandes estrelas, non hai escenas con moita acción, nin moi espectaculares, senón que a historia se basea nunha trama ben interesante e uns diálogos moi agudos e profundos. A dirección e o guión foi de Joseph Mankiewicz, seguramente é esa a razón.

E tamén me chamou a atención un detalle técnico que non era moi habitual ver no cine desta época. Lembro unha escena importante (pode que houbera algunha máis, pero foi moi patente nese caso) na que un suceso destacado viuse dende varios puntos de vista diferentes con poucos minutos de diferenza. Curioso.

A historia trata do seguinte. María Vargas é unha fermosísima cantante e bailarina española que actúa nun tablao en Madrid. É a estrela do local, que está sempre ateigado, agardando o único número que fai cada noite. Unha noite aparecen por alí un produtor, un relacións públicas e un director de cine americano, que oíron falar marabillas da muller, para convertela nunha estrela de cine.

Resulta que chegan tarde á súa brevísima actuación dese día, e intentan que veña á súa mesa para intentar convencela, pero o camareiro dilles que ela non senta nunca cos clientes. O relacións públicas vai ao camerino e intenta traela, pero non o consegue. O produtor é un home riquísimo e moi estirado, así que non move nin un dedo. O director de cine, bastante a desgana, é o último en intentalo, pero créase unha relación moi especial entre eles dende o primeiro momento que se ven, e consegue traela á mesa. A cousa non é doada, pero conseguen convencela esa noite.

O resto da película trata da breve relación de sinceira amizade entre o director de cine (obviamente Bogart) e a nova estrela (Gardner). Breve porque foi unha estrela rutilante que morreu poucos anos despois, tras rodar tres películas que a converteron nunha super-estrela. Isto non é spoiler, a película comeza no cemiterio durante o enterro de María, e xa nos contan todo iso. A historia vai do que pasa neses poucos anos.

Resumindo, os primeiros anos é unha estrela de cine grazas a esas tres películas dirixidas polo director e producidas polo produtor estirado. Algún tempo despois, deixa a súa tutela, e vaise a vivir durante algún tempo con outro multimillonario sudamericano. E nos últimos meses da súa vida coñece a un conde italiano do que se namora tolamente.

Sorpresas dos últimos minutos (SPOILER): O conde está morrendo, e ela segue tendo relacións co seu "primo", ou sexa, o seu amante español, que sempre estivo cerca dela. O conde mátaa a ela e ao seu amante, sen saber que ela estaba embarazada e que ía ser a única posibilidade de prolongar o título do condado.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2020 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0