Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A habitación de Fermat
Nesta etapa de confinamento, R, supostamente para ternos máis entretidos, bota en aberto varios canais, principalmente de cine, que normalmente non se poden ver, como Sundance ou Dark (hai algún máis, pero agora mesmo non lembro cal).

Nunca vira ningún película nin contido de ningún tipo da cadea Dark, que ten fama de botar principalmente películas violentas, e polas noites, porno.

Pero mira ti por onde, que esta noite, xusto antes de comezar co porno, botaron unha película española de tema matemático da que oíra falar hai algún tempo. Titúlase "A habitación de Fermat", é do ano 2007, e foi codirixida e coescrita por Luís Piedrahita (non o digo como mérito, porque me cae bastante mal, o menciono case como anécdota).

Basicamente hai cinco actores e algúns secundarios. Pero todo xira en torno a estes cinco actores ou actrices: Lluís Homar, Alejo Sauras, Santi Millán, Elena Ballesteros e Federico Luppi.

Alguén organiza de forma oculta unha especie de enigma aparentemente matemático e envíallo a persoas que parece que se desenvolven ben nese campo. Todos os que acertan (que só son as cinco persoas que protagonizan a película) son convocados, tamén de forma moi secreta, a un lugar, para resolver un enigma de grande complexidade.

O caso é que esas cinco persoas (vaia, unha sae cando o tema vai comezar, e iso resulta moi sospeitoso) quedan pechados nunha habitación dunha nave industrial abandonada. E lles van propoñendo enigmas matemáticos que deben resolver. E se non o fan ou tardan demasiado, as paredes da habitación vanse achegando entre sí e reducindo o espazo no interior.

Obviamente, o ambiente de tensión crece cando descubren todo isto, e crece aínda máis cando van falando entre eles (porque teoricamente non se coñecían entre sí) e van descubrindo que hai fíos que os unen dalgún xeito.

Non está mal, resulta entretida e agradable de ver. Non sei se vos resultará doado dar con ela. Teoricamente, podedes vela completa no enlace de Youtube que vos poño abaixo.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2020 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0