Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Feminismos
A miña cuarta lectura no tempo de confinamento foi un libro ao que lle tiña ganas dende hai tempo. Titúlase "Feminismos" e foi escrito por Olga Castro e María Reimóndez. Foi editado no ano 2013 e eu merqueino 1 ou 2 anos despois, así que xa levaba como mínimo 5 anos na cola de espera.

É un tema que me interesa moitísimo e tiña a sensación de que estas dúas autoras galegas (que parece que se dedican profesionalmente á tradución, aínda que María tamén ten unha destacada carreira como escritora) ían darlle unha perspectiva que me ía resultar interesante.

E efectivamente foi así, sobre todo porque foron moi exhaustivas e examinaron o fenómeno do feminismo dende moitas perspectivas diferentes, non centradas no mundo occidental da clase media, que creo que é o que sucede en moitos casos, non unicamente no feminismo, senón en case todos os temas que se tocan por esta parte do mundo.

Para que o comprobedes, vou poñer, a grandes rasgos, os tres grandes bloques nos que dividiron o libro:
- O primeiro bloque trataba sobre as perspectivas do feminismo nas diferentes partes do mundo, e incluía os seguintes sub-apartados: Occidente, Galiza, África subsahariana, América Latina e o Caribe, Antiga URSS, China, India, Magreb, Oriente Medio e países árabes, e por último Xapón.
- O segundo bloque estaba dedicado a grandes temas que nos afectan a todos e tamén ao feminismo, como: Globalización, fundamentalismos e nacionalismo, Violencia de xénero, Sexualidade, Orientación sexual, Maternidade, Discapacidade, Institucionalización, Ciberfeminismo e Ecofeminismo.
- E o terceiro bloque facía referencia a diferentes disciplinas nas que o feminismo tiña que posicionarse e facerse ouvir, como: Ciencia, Economía, Relacións Internacionais, Lingüística, Comunicación, Historiografía, Educación, Arte e Relixión.

Como vedes, un enfoque tremendamente variado e que me fixo bastante amena a lectura do libro (a súa temática, en xeral, é densa, pero sabía a que me enfrontaba). Teño algún libro máis sobre o tema que lerei nos vindeiros tempos, pero dubido que sexa capaz de saciar tanto a miña curiosidade sobre este tema como o fixo este.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2020 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0