Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Rei de Reis
Xa sei que soará algo estraño, pero a min as películas bíblicas que adoitan botar en Semana Santa non me desagradan demasiado. Principalmente a mediados do século XX deulles por facer moitas destas, con desigual fortuna, e agora asulagan as grellas das cadeas de televisión nestes días, éche o que hai.

Había unha da que oíra falar bastante (nin ben nin mal, simplemente se menciona con frecuencia) que aínda non vira. "Rei de Reis", dirixida por Nicholas Ray en 1961, e onte conseguín vela, por fin.

Pois nada, a historia xa a sabedes de sobra, e non se saen nadiña do guión. Chamoume a atención que non había moitos actores e actrices coñecidas (polo menos para min, pero pode ser a miña ignorancia audiovisual perfectamente). O que máis me soaba era Robert Ryan, que facía de Xoán Bautista.

O papel de Xesucristo foi reservado a Jeffrey Hunter que, así a bote pronto, non me soaba de nada. Acabo de ver na wikipedia que tamén saía en "Centauros do deserto" (seguro que o vin aí, pero tampouco lembro demasiado a película, recoñézoo) e en "O sarxento negro" (esta creo que nin a vin). O caso é que era un dos actores fetiches de John Ford, e iso é unha bendición cando un quere dedicarse ao cine. Pero debido a unha serie de accidentes fatais, morreu a finais dos anos 60, cando tiña pouco máis de 40 anos. Son cousas que pasan.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-04-2020 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0