Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fanny e Alexander
Por fin o conseguín!!! Levaba anos intentando ver este mítica pelicula de Ingmar Bergman, pero ata agora non se dean as circunstancias. Está claro que, co acceso á información que hai agora mesmo, se tardei tanto foi porque non me esforcei demasiado, pero éche o que hai.

O caso é que é a última película que dirixiu Ingmar Bergman. Nalgún sitio lin que era como unha especie de autobiografía súa na que el sería Alexander. Non sei canto pode haber de real niso, pero para empezar, Bergman é algo máis novo. A película está ambientada en Upsala en torno ao ano 1908, e Alexander terá uns 10-12 anos, e Bergman naceu en 1918. Pero vaia, tampouco creo que valga moito a pena darlle moitas voltas a este tema.

No ano 1984, sendo unha película rodada en sueco, levou catro Oscars. Polo visto, segue tendo o record da película de fala non inglesa con máis premios da historia. Fixose inicialmente como unha mini-serie de catro capítulos para televisión, que duraba algo máis de 5 horas. Pero tamén se fixo unha versión para cine dunhas 3 horas, que foi a que vin eu, e penso que é a que máis se proxecta agora.

Acabo de ler na Wikipedia a sinopse da película, e contan cousas que eu non vin na película (téñoa fresca, que pasaron poucas horas). Do cal deduzo que ao recortar de 5 horas a 3, pérdense algunhas cousiñas. Pero vaia, o principal da obra debe seguir en pé, supoño.

Sendo Ingmar Bergman e sabendo que principalmente antes os autores nórdicos e rusos teñen esa tendencia (agora, coa novela negra escandinava, parece que non tanto), sospeitaba que o ritmo da película ía ser lentísimo e que non ían pasar moitas cousas. E a verdade é que algo diso hai, que se fai especialmente visible ao comezo, pero segundo vai avanzando a historia, a cousa gaña algo de velocidade e de interese.

A ver se consigo resumir a trama desta complexa obra, para os que non a coñezan:

A rica familia Ekdahl vive en Upsala (a cidade eclesiástica e universtaria de Suecia) a comezos do século XX. Os tres fillos son Óskar, Gustav Adolph e Karl. Óskar xestiona un teatro, é o pai, xunto a Emelie, dos nenos Fanny (máis pequena) e Alexander (algo máis maior), e morre a media película, dándolle o principal xiro á historia.

Gustav Adolph é hosteleiro, é moi divertido, moi promiscuo, e todo o mundo sabe que se deita cunha das criadas, e a que máis e mellor o sabe é a súa comprensiva muller, Alma. Karl é profesor pero administra moi mal os seus cartos e anda sempre con débedas, a pesar de que a familia está forrada, e ten unha muller alemá que apenas sabe falar sueco e non é moi aprezada por ninguén na familia.

Cando Óskar morre, a súa muller cásase co bispo de Upsala, que parece unha persoa seria e responsable. Pero cando casan, pídelle á muller que se vaia cos fillos para o pazo arzobispal coa intención de cambiar totalmente de vida. A muller e os nenos comezan a comprender que o cambio foi a moito peor, porque o ambiente no pazo arzobispal é irrespirable, porque o bispo os maltrata, e a súa nai e irmá son insoportables e moi estrictas.

Pasan unha serie de cousas que xa decantan a decisión da familia de marchar do pazo e rexenerar a súa vida xunto á súa familia. A morte aparentemente accidental do bispo e dalgunha persoa máis da súa familia precipitan o acto, e todo volver á normalidade coa felicidade final.

Non está nada mal, se aínda non a vistes, pois recoméndase claramente. Eu tiven a sorte de vela onte en La 2 dun tirón, a ver se vós podedes facer algo parecido.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2018 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0