Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os fillos do lume
Acabo de ler dun tirón (non é moi difícil) a última novela que merquei de Pedro Feijoo, titulada "Os fillos do lume". Creo que xa sacou outra hai pouco, pero xa non sei se me interesará tanto.

"Os fillos do lume" tamén está ambientada en Vigo, igual que "Os fillos do mar", o exitoso debut deste filólogo e escritor (tamén músico en Lamatumbá), e comparte algún personaxe, como o arquitecto Simón Varela. Pode que comparta algún máis, pero xa non lembro como se chamaban os da outra novela.

Pois como pasa sempre con este autor, a novela consúmese moi facilmente, lese rápido e crea intriga, que non é pouco pedir. Pero non sei, quedei coa estraña sensación de que me enganchara algo menos que as anteriores. Penso que "Os fillos do mar" estaba moi ben, e creo que a que máis me gustou foi "A memoria da choiva". Nesta creo que xa perdeu algo de pulso. Pero, en calquera caso, agradécese que haxa literatura galega que poida converterse en best-seller, é un sector social que temos que conquistar...

A trama xira en torno ao asasinato do alcalde de Vigo na celebración da festa da Reconquista. O alcalde na novela chámase César Escudeiro, e lembra bastante (a pesar de que dura pouco tempo vivo) a un que non é escudeiro, senón cabaleiro. Todo parece ter algo que ver cuns descubrimentos que fixo o cronista na cidade sobre como foi realmente a Reconquista da cidade aos franceses a comezos do século XIX, que poderían supoñer unha grande sorpresa, e que poñerían en entredito o prestixio da confraría do Cristo da Vitoria. Pero tamén está por aí a corrupción urbanística, con moita xente importante da cidade implicada.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-07-2018 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0