Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O sentido da vida
A segunda película que fun ver este ano no ciclo Cinenterraza foi "O sentido da vida" do divertido grupo de humoristas Monty Python.

Esta película fíxose no ano 1983 (xa pasaron 35 anos!!!) e sei que a vin, pero había xa bastante tempo. Tiña vagas lembranzas dela e a sensación de que estaba ben, pero que o humor era máis afilado que noutras das películas anteriores.

Pois a verdade é que este segundo visionado me agradou máis do que esperaba. Algúns sketches non lembraba que eran desta película (como fixeron máis películas con números breves, debín confundilas), algúns non os lembraba, e outros lembrábaos, pero fixéronme bastante graza incluso xa coñecidos.

Digo esto último porque, na miña opinión, Monty Python é un grupo de humor fantástico (probablemente o mellor da historia), pero o seu humor absurdo xoga moito co efecto sorpresa. E claro, unha vez que xa o ves, ese efecto desaparece (a non ser que esquezas o sketch por completo, claro). As súas películas máis famosas, como "A vida de Brian" e "Os cabaleiros da táboa cadrada" xa non as vexo, porque xa non causan en min ningún efecto.

Por comentar algo do que se dixo no coloquio posterior (esta vez, excepcionalmente si me quedei, aínda que.... mellor o deixamos), esta foi a última película que fixeron xuntos, as súas relacións persoais estaban xa moi deterioradas (aínda que uns anos máis tarde, participaron algúns deles xuntos en varias películas, como "Un peixe chamado Wanda"), e como non lles saía ningunha idea aproveitable, foron facendo pezas soltas, e colleron o fío condutor do "sentido da vida" (moi útil para este tipo de xardíns).

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2018 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0