Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

They drive by night
E para rematar o frenético mes cultural de xuño, decidimos ir ver a película "They drive by night", dirixida por Raoul Walsh en 1940. Eu non sabía case nada da película, pero resultoume bastante doado convencer a outra xente para vir: cine clásico dos anos 40 en branco e negro ten que contar unha boa historia, daquela non tiñan outros recursos como a cor, os efectos especiais, cine experimental. etc.

E non nos equivocamos. Básicamente era unha pelicula sobre a dura vida dos camioneiros americanos na época, cunha vida durísima (que xa o era para todos daquela), unhas condicións de traballo moi precarias, e dous irmáns, os Fabrini (interpretados por George Draft e Humprhey Bogart, aquí de secundario), que intentan sacar adiante a súa pequena empresa de transportes ou, polo menos, vivir diso.

O caso é que Joe Fabrini (George Raft, o papel principal da película, claramente) intenta saír adiante levando produtos de aquí para alá co seu irmán Paul no seu camión. Pero os prezos que lles pagan son irrisorios, as xornadas que teñen que facer son longuísimas, os prazos para entregar os produtos son cortísimos e aínda teñen o camión sen pagar, e o acredor prestamista os persegue.

Vai falando cos compañeiros, intentando ver se monta a súa propia empresa, e case de casualidade, un colega que xa ten a súa empresa de transportes, o contrata como xefe encargado do seu taller, xusto despois de que o seu irmán Paul perdera un brazo nun accidente no que queda durmido ao volante.

A partir dese momento a cousa comeza a ir ben para Joe, pero o seu irmán Paul está bastante deprimido, porque non consegue ningún traballo e séntese bastante inútil.

Pero aí aparece un problema de mulleres, porque a muller do seu xefe, Lana, está namorada de Joe, e está facéndolle as beiras claramente. Pero Joe pasa dela ampliamente, e o seu colega e marido de Lana é moi simpático, pero non se entera de nada, a pesar de que pasa diante del.

O caso é que Lana provoca a morte do seu marido pero dun xeito que semella accidental. E como di ser incapaza de levar soa a empresa, ofrécelle a Joe que leven a empresa entre os dous, cousa que el acepta. Lana fai isto claramente para intentar amarrar a Joe (xa matou ao seu marido por esa mesma razón), pero el segue rexeitándoa, e máis agora que vai casar coa súa moza, unha fermosa e simpática rapaza á que vimos como a coñecía nun dos máis ateigados restaurantes das rutas que os irmáns facían con frecuencia.

Ao ver que Joe segue pasando dela, Lana acúsao da morte do seu marido, dicindo que a induciu a matalo para facerse coa empresa. A xustiza parecía estar animada a crer esa versión, pero no xuízo, no medio dun delirio, Lana ten que retirada da sala porque se ve claramente que está totalmente tola, e Joe queda libre.

O que dicíamos, unha película "de aventuras", nun entorno e cunha temática non moi habitual, pero no que non hai un só respiro e a película pásase sen te decataras. O director é Raoul Walsh, así que iso xa estaba garantido.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2018 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0