Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Orquestra Gaos e o Quinteto InVento
O outro día tivo lugar un evento musical ben interesante no Pazo da Ópera da Coruña (por certo, había algún tempo que non ía e non vira aínda as novas butacas escuras).

O concerto estivo dividido en dúas partes. A primeira era a estrea dun "Concerto para quinteto de ventos e orquestra" de Federico Mosquera, un compositor coruñés de pouco máis de 30 anos. Foi interpretado por parte da Orquestra Gaos (dirixida, como sempre, por Fernando Briones) pero o peso solista caía nas mans do quinteto InVento, quinteto de ventos coruñés. Estivo moi ben, pero foi bastante breve (15-20 minutos), así que o quinteto completou a súa actuación cun tango.

Na segunda parte xa tocou a Orquestra Gaos ao completo sen o quinteto de ventos. E interpretaron "O paxaro de lume" de Stravinsky e as danzas sinfónicas de "West Side Story".

Saímos moi contentos do concerto. Esta Orquestra segue dando grandes alegrías ao público coruñés (e doutros lugares, supoño).

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2018 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0