Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Coherence
Hai unhas semanas vin nos cines do Fórum Metropolitano unha película ben interesante e intrigante. Estaba dentro do ciclo titulado "Cine e Ciencia" aínda que as marxes temáticas deste ciclo eran moi amplas, como puiden comprobar ao ver case todas as películas deste ciclo. A película titúlase "Coherence", e foi dirixida en 2013 polo director americano James Ward Byrkit.

Eu non a coñecía e a única información previa da sinopse consistía en que se sabía que o paso dun cometa por Finlandia no ano 1923 provocara unha grande desorientación nos habitantes dunha aldea, con casos extremos como o dunha señora que chamou á policía dicindo que a persoa que estaba na súa casa non era o seu marido, e non podía selo porque ela mesma o matara o día anterior. Moitos anos máis tarde, catro parellas de americanos xúntanse para cear nunha casa, precisamente a noite na que pasa outro cometa, e alguén lembra aquel antigo caso finlandés...

Como xa digo, esta era a única información que eu tiña, e parecíame bastante atractiva. Non tiña nin idea de como podían facer evolucionar a historia, pero podo asegurarvos que o que vén a partir de aí é moi sorprendente e desconcertante, pero é unha historia que pode seguirse e que engancha bastante. Outra cousa é que o acabas entendendo todo de forma racional, que non debe ser nada doado. Eu non cheguei a ese punto, pero tampouco critico a película por iso, deixoume moi bo sabor de boca.

Pois o caso é que esta breve sinopse que acabo de describir son os primeiros 15-20 minutos de película. O único engadido é que na reunión das oito persoas hai algo de tensión porque o último home que chega vén acompañado dunha muller que lle cae bastante mal a todos, porque estivo liada con outro dos homes, e todos a lembran como moi excéntrica e problemática. Pero vaia, nada máis ca iso. Ah, si, e tamén que unha das mulleres preparou un pequeno frasco que leva unha estraña mestura na que tamén hai ketamina, por se alguén quere "alegrarse" artificialmente.

Están falando de todo iso e... vaise a luz. E podo asegurarvos que non vos vou contar nada do que sucede a partir de aí porque sería destripar a película, e quedaría feo. É unha película bastante recente, e sospeito que menos coñecida do que debería, así que vos animo a vela, porque seguramente vos gustará. Pero ide cos ollos ben abertos, hai que estar moi atentas, e incluso así...

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2018 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0