Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Operación Avalanche
Tamén nos cines do Fórum Metropolitano, no ciclo deste mes de "Cine e Ciencia", botaron a película "Operación Avalanche", que tiña moi boa pinta, pero que me decepcionou bastante.

A trama consiste en que uns rapaces que están traballando na CIA facendo documentais (isto xa soa algo raro de por si), son contratados pola mesma CIA, facendo ese mesmo traballo, para infiltrarse na NASA, que está na carreira coa Unión Soviética para chegar á Lúa, porque sospeitan que no programa Apolo hai alguén que é un espía ruso. E con esa tapadeira dos documentais, poden estar en boa situación para descubrir ao espía ruso.

Vista así a historia, parece que podía estar ben. E aínda máis cando captan comunicacións internas na NASA, por medio de micrófonos ocultos, nas que alguén parece dicir que non teñen medios técnicos para aterra na Lúa, de momento. E sospeitan que algunha das persoas desa conversa pode ser o espía, e que lle pode transmitir esa importante información aos rusos.

Cando sucede iso, avisan aos seus altos mandos, e creo recordar que, case por iniciativa propia, deciden propoñer que se simulen as alunizaxes. Que eles poderían producir e rodar esas escenas, pola súa experiencia no mundo audiovisual.

Un detalle curioso é que se menciona a Stanley Kubrick varias veces na película: primeiro, porque se fala de que se lle estivo investigando por se era un espía (a referencia é moi breve, e non sei a que vén), e segundo, porque intentan falar con el para preguntarlle como resolver técnicamente algún problema, e resulta que están rodando "2001: Unha odisea espacial" en Inglaterra, e son convidados a ver a rodaxe para ver como resolven eses problemas. E así, vense escenas desa rodaxe (son incapaz de saber que parte desas escenas son reais e cales estaban recreadas dixitalmente, pero mola mogollón a referencia) e descubren algunha técnica novidosa para enganar ao ollo do espectador da época (e de agora, seguramente).

O caso é que a película me resultou tremendamente confusa, en moitas escenas tiña dificultades para seguir as conversas porque cambiaba dun tema a outro dun xeito absolutamente tolo, e eu non conseguía seguir a historia. Había personaxes que non sabían moi ben de que lado estaban, e iso, estando a CIA polo medio, non o fai máis doado de entender.

E xa non digamos a bola que lle dá aos que pensan que os humanos non pisaron a Lúa, entre os cales non estou, que de conspiranoicos está o mundo cheo. Vaia, que non me gustou demasiado, e me resultou bastante confusa. Aparte do feito de que me deu a impresión de que ao director e actor principal lle gusta moito verse a cara en primeiro plano, en todo tipo de escenas. Ao mellor non é así, pero deume claramente esa sensación.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-07-2018 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0