Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Revolucións e Utopías, con Carme Adán |
|
A cuarta charla do ciclo sobre a Revolución Rusa que está tendo lugar na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda tivo lugar o outro día, co título de "Revolucións e Utopías", a cargo de Carme Adán.
Nunca a escoitara falar en directo, que eu lembre, e ten certo prestixio pola súa traxectoria política, e como profesora de filosofía en Vigo que liderou hai pouco a plataforma "Filosofía SI", para pedir que non se reduza a presenza desa materia no Bacharelato.
Teoricamente, ela ía tratar tamén a presenza da muller e do feminismo na Revolución Rusa, aínda que colateralmente iso tamén o fixera Teresa Moure na primeira charla deste ciclo. E fíxoo, mencionando a dúas clásicas do movemento, Alexandra Kollontai e Rosa Luxemburgo.
Pero a verdade é que, estando ben a charla, tampouco me entusiasmou excesivamente. Agardaba de Carmen unha oratoria máis fluída e convincente, pero non a atopei tanto como eu esperaba, se cadra puxera as expectativas moi altas, quen sabe.
A idea forza que ela pretendía presentar como máis novidosa, pola que incluso lle preguntou alguén (de feito, un rapaz moi novo que asistiu á ateigada sala, de novo), e que tampouco desenvolveu moito máis, era que había que buscar a forma de que a Re-produción lle ganara a partida á Produción, é dicir, que as sociedades se preocuparan máis dos coidados e das relacións sociais en vez da produtividade empresarial. Ideas que moitos compartimos, pero que estaría ben que se plasmara nalgo máis tanxible que unha idea.
Saúdos.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|