Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Romería de Santa Margarita
A última fin de semana remataban as festas da Coruña coa Romería de Santa Margarita, como tradicionalmente.

Había anos que non ía por alí, pero ultimamente a programación de concertos está volvendo a convencerme, así que estou volvendo por alí, aínda que só aos concertos.

Había interesantes grupos tanto o sábado como o domingo. Pero as actuacións do domingo quedaron suspendidas porque comezaron as treboadas, así que nos perdemos a Samarúas e Luar na Lubre, coas novidades na súa formación.

En canto ao sábado, que si me acheguei por alí, non fun ao concerto de Pablo Díaz, que fai un magnífico traballo na música infantil, e tampouco me quedei ao último concerto de Radio Cos, que xa era moi tarde, pero xa os vin actuar hai poucos meses no Teatro Rosalía, cando presentaban o seu último disco.

Os que si vin, e tiña ganas, porque era a primeira vez e oíra falar moi ben deles foi "A banda das crechas". É dicir, a xente que se reúne os mércores na fantástica Casa das Crechas para tocar xuntos. Sacaron un disco no 2010, e tristemente, non puideron traer copias para vender. A ver se a próxima vez que pase por Compostela lles merco o disco no local, porque me gustaron moito. Déixovos un vídeo do seu principal éxito, "Lelelé", unha canción que lle gusta a todo o mundo.

O outro que grupo que vin, e que tamén tiña moitas ganas de ver, por primeira vez, foi Riobó, o grupo vertebrado ao redor da magnífica violinista Begoña Riobó. Gustoume pero tampouco rematou de engancharme. Teñen algunhas cancións que están moi ben, pero outras déixanme moito máis frío, así que non conseguín conectar demasiado ben con eles. Déixovos o vídeo de "Fox", a canción estrela do seu primeiro disco, que tamén lle gusta a todo o mundo.

Saúdos.





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-08-2017 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0