Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Locke
Onte vin unha película da que oíra falar algo. Titúlase "Locke", é do 2014, a dirección e o guión é de Steven Knight e está protagonizada en solitario por Tom Hardy (porque para min as voces en cine non son demasiado traballo actoral, en radio podería ser...).

A verdade é que o guión está moi currado, pero non se mataron en escenarios nin vestiario. Basicamente, todo transcorre en tempo real no coche do protagonista. Vin algunhas opinións que dicían que era a peor película que viran, porque non pasaba nada. Efectivamente, non hai efectos, tiros, mortos, nin nada similar. Só hai conversas por teléfono e algún monólogo. Xa digo, é moi orixinal pero pode resultar algo cansina por esa razón.

Un capataz de obra sae unha tarde do seu traballo no seu coche e recibe unha chamada importante, que o cambia todo. En troques de marchar para a súa casa, que sería o normal, comeza unha travesía que dura un par de horas (aparentemente, de Birmingham a Londres).

A razón é que unha muller, á que apenas coñece, está a piques de dar a luz un neno que é fillo del. Isto débese a que uns meses antes coñeceuna nunhas circunstancias moi determinadas, e tivo un desliz con estas consecuencias. A muller é algo maior ca el e tremendamente insegura, así que está moi nerviosa ante o parto. Obviamente, isto non lle fora comunicado a ninguén.

O que faría en condicións normais sería ir a casa a ver televisado un partido do seu equipo favorito (parece que o Birmingham City). Os seus fillos están esperándoo e incluso a súa muller, que é moito menos forofa, ten posta a camiseta e tenlle preparadas as salchichas que máis lle gustan. Así que enterarse desta noticia non lles vai facer ningunha graza.

Por se non chegara con todo iso, ao día seguinte ía ter, na obra que el dirixía, a descarga de formigón máis grande de Europa, para facer os alicerces dun rañaceos. E avisa ao seu segundo, que non ten a súa experiencia profesional, de que non vai estar. Os seus superiores tamén se enteran e hai discusións moi acaloradas polo tema.

E ademais, aínda hai unha especie de monólogos ou conversas co seu pai (simula como se estivera sentado no asento de atrás no coche), no que lle bota en cara que, independentemente das consecuencias que teña na súa vida, el vai facer o que lle dicta a súa moral. Polo visto, o seu pai tamén os abandonou porque era un borracho e vividor. Pero el non quere dar o mesmo exemplo.

Pois a película é isto. En tempo real, imos escoitando todas as conversas telefónicas que ten dende o seu coche para ir resolvendo toda esta maraña, que non é fácil. Hai que recoñecer que os amantes do cine palomiteiro que poidan caer aquí non creo que soporten máis de 10 minutos. O guión está moi currado e sácalle mogollón de petróleo a unha situación nun escenario moi limitado, ten moito mérito, pero como xa dixen, pode resultar algo cansina.

Saúdos.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-08-2017 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0