Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ataque Escampe
O outro día veu o magnífico grupo galego Ataque Escampe ao Mardi Gras da Coruña para presentar o seu último disco titulado "Primeiros bicos", que foi editado hai poucos meses.

Alá fomos para ver que tal funciona o grupo co cambio de cantante, que sempre é algo traumático. O concerto estivo moi ben, como sempre neles, pero está claro que Roi Vidal debería dedicarse á outra cousa, e non a cantar. Non ten boa voz, non vocaliza todo o ben que debería, etc. De feito, en non poucas ocasións, Miguel Mosqueira tiña máis protagonismo nas voces.

Tanto é así, que veu connosco ao concerto alguén que non coñecía ao grupo, e nas primeiras cancións dixo que aínda non entendera ningunha palabra do cantante. As primeiras cancións eran as do novo disco (das que non oíra case nada) e a min tamén me costaba bastante entender algo (se cadra, o técnico de son tamén tiña algo de culpa, pero seguro que fixo o que puido, que non era moito, porque a materia prima é bastante mediocre).

Deixámosvos cun vídeo dunhas das cancións novas. Por certo, o disco véndeno en formato LP e leva o CD dentro, moda que se está estendendo bastante (por Galicia polo menos, e supoño que fóra tamén) e que non me agrada en absoluto. De feito, non merquei o disco por esa razón. A ver se dou conseguido só o CD (pagando, eh).

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2017 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0