Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Orquesta de Cámara Galega
O outro día deu un concerto benéfico no Ágora a Orquestra de Cámara Galega, dirixida como sempre de forma moi simpática e dicharacheira por Rogelio Groba (fillo).

O concerto consistía en achegar (porque era gratis) á sociedade o coñecemento das fundacións Aspanaes, Abrente e Ingada. Aínda así, durante o concerto non se fixo ningunha mención a elas, que eu lembre, só se falaba delas no programa de man.

Tocaron as seguintes pezas:
- "Abdelazer" de Henry Purcell
- "Concerto para frautín RV 141" de Antonio Vivaldi, con Bernabé Simes como solista á frauta
- "Suite Burlesque de Don Quixote", de Georg Phillip Telemann
- "Alba de Gloria" de Rogelio Groba (pai)

Saúdos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2017 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0