Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Amador
Hai uns días botaban na 2 unha desas películas españolas de hai décadas, pouco coñecida pero que tiña moi boa pinta. Neste caso falamos de "Amador", dirixida por Francisco Regueiro en 1964 e protagonizada polo actor francés Maurice Ronet, que polo visto tiña moita fama daquela no cine francés e europeo.

Dende logo, todo soaba a pouco convencional. Que unha figura coma esa viñera facer esa película a España (e que agora case ninguén o lembre). Que o director tamén está case esquecido e que nos 90 deixou o cine canso da súa industria. E a temática tampouco era moi habitual, trataba sobre un asasino en serie de mulleres.

Pero non me gustou a película. Supoño que será porque agora xa levamos décadas facendo películas desta temática doutro xeito, con máis lugar para a sorpresa e o misterio, e aínda así, ás veces sorpréndenche con novas situacións e xiros da historia.

Pero nesta película non era así. Dende o comezo, nótase que o protagonista moi ben non está. Está sempre espiando, finxindo, escóitanse de cando en vez pensamentos seus tremendamente nihilistas nos que se ve que sempre quere estar só e que calquera compañía lle molesta. En definitiva, tárdanse poucos segundos en descubrir que o tipo está "zumbao" e que a historia non ten volta atrás nin ramificacións. E mira que a historia podía dar xogo.

Se non lembro mal (porque estou intentando esquecela) creo que mata a 4 mulleres, a varias delas por razóns bastante incomprensibles, e en ningún momento se ve presionado porque a investigación deses crimes o estea acurralando (a non ser na súa cabeza, que é moi paranoico).

En definitiva, é un asasino en serie de mulleres, que mata a algunhas cando menos o esperas, e a outras que dis "a esta seguro que tamén", pois aí non (se cadra esa é a súa incertidume), nunha fuxida cara a diante que non ten nin pés nin cabeza.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2017 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0