Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Beau Geste
No ciclo do CGAI sobre o director William A. Wellman botaron a película "Beau Geste", do ano 1939. Digo o dato do ano porque se fixeron dúas ou tres versións máis, pero esta debe ser a máis famosa, con Gary Cooper e Ray Milland nos papeis principais.

Había anos que oíra falar desta película de estraño título (parece que significa "bonito xesto" en francés, pero é o nome dun dos personaxes principais), cos carteis con soldados da lexión estranxeira francesa, e resultábame moi intrigante. Polo visto, está baseada nunha novela inglesa de 1924, escrita por Percival Cristopher Wren (descendente do magnífico arquitecto do século XVII).

Pois esta película é fantástica, paseino de marabilla véndoa, e podía estar 1 hora contando a trama e todas as ramificacións que ten. Se a historia xa é boa, a forma de montala foi aínda mellor. Fixeron algo así como coller algúns dos últimos cinco minutos de película e os puxeron ao principio. E queda un comezo tan misterioso que por momentos parece unha película de ciencia ficción ou sobrenatural.

Esta película tamén é moi antiga, ten case 80 anos, pero non a vou destripar, como fago con outras desta época, porque sospeito que aínda é bastante descoñecida. Só contarei o básico da trama, para ver se esperto o voso interese por vela. Non sei se as outras versións cinematográficas desta película están tan ben, pero en xeral, a historia é ben atractiva.

A historia trata sobre tres irmáns (que son orfos ou algo así), e que viven cunha muller á que chaman tía. Tamén vive con eles algún outro rapaz que quedou ao seu cargo porque o seu pai vive lonxe e ten ocupacións. Viven nunha mansión inglesa, e un dos "misterios" da familia é un grande zafiro que pertence a ese pai que vive lonxe, co que "paga" o coidado do seu fillo. Pero ese feito sempre pesa sobre a conciencia de toda esa estraña familia. Como vedes, o argumento non é nada convencional.

Pois ben, ese zafiro desaparece un día, nunhas estrañas circunstancias. E debido a iso, os tres irmáns, case ao mesmo tempo, marchan da mansión para ir servir á lexión estranxeira francesa, pero a "maldición" dese zafiro, agora desaparecido, lles persegue.

O caso é que, estando na lexión, teñen que ir ao norte de África. Dous dos irmáns, o maior e o menor (Gary Cooper e Ray Milland) van reforzar a protección dun estraño e pequeno forte que hai no medio do deserto, xunto a un oasis. O outro irmán (protagonizado por Robert Preston, outro galán daqueles anos que agora non é moi lembrado) vai a outra fortaleza que non está moi lonxe.

O causante da separación dos irmáns é o sarxento que comanda a dotación do forte do deserto, que é un auténtico animal dictador, e que ten cruzados aos irmáns, xa que a historia do famoso zafiro os persegue ata alí. O forte é asediado polos tuaregs, e debido a todas estas historias cruzadas, o final da historia é moi interesante.

Insisto, podería estar moito tempo falando da historia porque é moi enrevesada, un deses magníficos guións que se escribían daquela. Calquera escena que semella intrascendente, ten un significado importante para todo o que sucede despois. Se podedes vela, recoméndase vivamente.

Saúdos.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2017 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0