Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A raíña de Nova Iork (Nothing sacred)
E seguimos co ciclo sobre o director William A. Wellman que están botando no CGAI nos últimos tempos. Nesta ocasión proxectaban unha comedia (coido que é a primeira deste director que vin) do título tan magníficamente traducido ao español. Certo é que, vista a película, se cadra o título español reflexa mellor a trama que o orixinal.

Nesta película, case todo é unha farsa. Por unha banda, un xornal aparentemente sensacionalista de Nova Iork, chamado o Morning Star, leva un pao público importante ao descubrirse un fraude nunha das súas últimas portadas: un suposto sultán multimillonario que ía facer grandes donativos a entidades da cidade realmente é un limpabotas negro.

Un dos seus principais xornalistas (protagonizado por Fredric March, que semella que era unha estrela da época pero agora non é moi lembrado), e que levaba esta noticia, é degradado á sección de esquelas, e proponlle ao xefe intentar sacar partido doutra noticia que está xurdindo e que semella ter un potente impacto social oculto. O xefe accede, porque ve que o prestixio do xornal se afunde.

A noticia consiste no suposto envenenamento por radio dunha muller do estado de Vermont (por certo, parecen burlarse da xente deste estado, como se foran huraños e pailáns). Realmente é todo falso porque o médico que a diagnosticou é un patán que está case sempre borracho, e fixo mal as medicións. Cando lle comunica iso á muller, leva unha alegría, pero por outra banda, deprímese xa que seguirá vivindo unha anodina vida na deprimente Vermont ¿¿??.

Resulta que o xornalista chega a Vermont xusto cando a muller recibe a noticia de que está perfectamente sa, pero obviamente esa noticia non se lle comunica a ninguén, só a saben o médico e a paciente. O xornalista di que a historia está conmovendo a Nova Iork, e que o seu xornal ofrécese para pagarlle a viaxe e a estancia na metrópoli mentres non chega o "momento fatídico".

Obviamente, a muller ve o ceo aberto, porque coñecer Nova Iork era un dos seus soños, e nunca criu que lle sería posible, e agora si o é, e ademais cos gastos pagados, así que nin o dubida (e o médico tampouco).

E xa imaxinaredes o final. Van para alá, enamora a toda a cidade dado o seu vitalismo (que os espectadores entendemos perfectamente), de aí o título da película en español, pero pasa o tempo e alguén comeza a sospeitar que a doenza é falsa, e vense todo o "chiringuito" abaixo.

Sinto o "spoiler", pero a película ten 80 anos, e saberedes superalo. Deixo un vídeo de Youtube no que vén toda a película.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2017 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0