Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ialma
Había xa moitos anos que tiña ganas de ver ao grupo de cantareiras galego-belga Ialma en concerto. E hoxe puiden cumprir ese anceio, porque actuaron no Teatro Rosalía da Coruña (a min non me soa que viñeran antes, pero pode ser que si).

Hoxe presentaban o seu disco "Camiño: De Bruxelas a Santiago", editado no 2016. É xa o quinto da súa discografía, que comezou no ano 2000.

Antes eran catro cantantes, pero agora xa só están catro. Nesta xira traen pouca instrumentación, só un acordeonista e un guitarrista. No vídeo que acompaña, de hai uns anos, están as cinco cantantes, moitos músicos, e pola forma de cantar e bailar esta canción, lémbranme algo ao grupo finlandés Vartinna.

Resultou un concerto moi agradable. Certo é que, por momentos, o seu canto faise algo monótono, pero en xeral, sobre todo cando se poñen a cantar as catro coas súas marabillosas voces acompañadas de música, é un espectáculo magnífico.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2017 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0