Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A chamada da selva
E para rematar a primeira semana de homenaxe no CGAI a William A. Wellman, botaron "A chamada da selva", de 1935, versión da novela de Jack London, e con Clark Gable como máxima figura.

Se James Cagney non me convence nada como gangster, non digamos Clark Gable como galán, pero éche o que hai, daquela rompía coa pana.

Polo visto, na historia orixinal de Jack London, o protagonista total da novela é Buck, un gran San Bernardo que pasa moitas peripecias.

Nesta película ten a súa importancia, pero queda eclipsado polo personaxe de Clark Gable, que marcha cun amigo e unha muller, que pensa que o seu marido morreu, para intentar atopar unha mina que os faría moi ricos.

Aventuras en Alaska durante a Febre do Ouro, coa salvaxe convivencia daqueles tempos e naquel lugar. Non estivo mal a historia, pero claro, o personaxe de Clark Gable magnificado distorsiona un pouco todo.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2017 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0