Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Freedom for Catalunya
Viaxes O Lóstregho volta á estrada. O venres 30 de marzo, se Deus quixer, desprazámonos dende a Gallaecia ata a Tarraconensis, para facer unha severa inspección dos "conventus provinciais" de Barcino e Tarraco.

Para os estudosos en estratexia viaxística, a nosa idea é aloxarnos en Martorell, a uns 20 quilómetros de Barcelona, na confluencia dos ríos Llobregat e Anoia, cidade industrial (alí esta á SEAT) e importante nudo de estradas que nos permite saír en todas direccións de xeito doado.

En 20 ou 30 minutos situámonos en Barcelona capital por varias vías de tren diferentes (Renfe e Generalitat). Ou sexa, que estaremos na gloria.

Ata o luns 9 de abril probablemente esta será a última comunicación.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-03-2007 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Boa viaxe e coma sempre.#blgtk08#. o importante é volver.
Comentario por A vida en Ponteareas (29-03-2007 21:13)
2 O noso corpo sempre volve. Pero a nosa mente seguirá alá u#blgtk08#nha boa tempada, seguro...

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (29-03-2007 23:24)
3 Espero que a gocedes por terra#blgtk08#s do pantumaca... unha aperta
Comentario por Xancín (01-04-2007 18:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0