Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lingua, nación e identidade
O xoves 22 de marzo, ás 20:30 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda terá lugar a presentación do libro ?Lingua, nación e identidade? de D. Xosé Ramón Freixeiro, editado por Laiovento. Ademais do autor, estarán os profesores da Universidade da Coruña D. Manuel Ferreiro e D. Xosé Manuel Sánchez Rei.

Máis información en acab.fiestras.com

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (2) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 22-03-2007 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Concordo en que a nosa lingua é un elemento máis (non o único) da nosa identidade como nación. De aí que non e#blgtk08#ntenda como dirixentes das consellerías nas que goberna o BNG falen diariamente (e publicamente) en castelán.
Comentario por xoel (22-03-2007 18:22)
2 Que casualidade! Onte na presentación falouse algo diso. Concretamente do moi baixo nivel de galego falado que demostran diariamente moitos dos dirixentes dese partido. Incluso na Coruña estamos ven#blgtk08#do que moitos militantes xoves do mesmo falan castelán sempre. Si, ideoloxía si, pero lingua: a imperial. A verdade é que hai xente bastante desnortada.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentario por Ignatius J. Reilly (23-03-2007 20:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0