Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Non profanar o sono dos mortos
Pois para nos encasillarme en ningún xénero nin pechar ningunha porta, un día baixei ao CGAI da Coruña para ver a película "Non profanar o sono dos mortos", película hispano-británica do ano 1974, mítica no xénero do cine de zombies.

Dirixida por Jorge Grau, cos actores Cristina Galbó, Ray Lovelock e Arthur Kennedy nos papeis principais, a verdade é que o pasei bastante ben.

A verdade é que os efectos visuais, a maquillaxe, e outras cousas, cantan bastante, pero xa pasaron 40 anos, e é normal neste tipo de películas, supoño. Pero a trama está moi ben escrita e ten unhas ramificacións e xiros moi interesantes, a ver se despois consigo explicalo sen destripala demasiado.

A cousa vén sendo que un home e unha muller se coñecen casualmente debido a un pequeno incidente de tráfico. Debido a iso, deben compartir o coche, pero non van ao mesmo lugar, e a muller convence ao home para que primeiro vaian ao seu destino, que é unha casa no campo onde están a súa irmá e o seu marido.

Cando están buscando a casa, que está bastante illada, o home descubre que nunha granxa cercana están facendo un experimento que consiste en activar unha máquina que emite ultrasons, que trastornan por completo os sistemas nerviosos dos animais simples. Como o seu obxectivo era acabar coas plagas de insectos, o seu éxito é pleno xa que estes tolean e devóranse uns a outros.

Pero parece que non contaban que no entorno había outros seres que podían ter tamén un sistema nervioso simple, como os bebés, ou os mortos que acaban de morrer, dos que na película se di que o seu sistema nervioso segue algo activo durante unhas horas/días (non é que sexa certo, que non o creo, esa é a teoría que algún personaxe defende na película).

Pois por esa razón, os mortos recentes reviven e comezan a facer estragos por alí. O protagonista principal parece comprender o problema, e aparte de que a el lle pasan a maioría dos altercados, é o primeiro en saber que a única forma de vencer aos zombies é queimalos.

Pero o curioso da película é que o inspector de policía que leva o caso, que é bastante facha, odia a este protagonista (por melenudo, entre outras cousas), non quere facer ningún caso das súas teorías, e crea unha propia na que di que ese melenudo fai misas satánicas nas que vai queimando cadáveres.

E o que dicía antes do ben tramado que está o guión está na dualidade desas teorías. Para os que estamos vendo a pelicula, a teoría do melenudo é a correcta, pero para a policía, que chega aos escenarios dos feitos cando xa sucedeu todo, a teoría do inspector é a correcta, e non queda ningunha proba que poida demostrar o contrario. Por iso dixen que estaba moi ben deseñada.

Ao final, na escena case da conclusión, con grande profusión de lume e sangue, o inspector acaba matando a tiros ao melenudo, que acababa de queimar aos vampiros que quedaban, que estaban atacando un hospital.

Polo tanto, imponse socialmente a versión do inspector, que é considerado un heroe, pero a máquina segue emitindo ultrasons.........

Aquí vos deixo un enlace á película completa.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2012 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0