Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Milo ke Mandarini
Seguindo co idilio que comezamos hai pouco co fantástico local de La Tuerka 27 e coa súa gran e variada programación, onte fomos a un peculiar concerto de música.

Tocaba un grupo formado por unha rapaza e un rapaz (moi vellos non eran) toledanos. O nome do grupo é Milo ke Mandarini, que é como se di en grego Mazá e Mandarina (sei que o lin nalgures un día destes). e presentábanse como un grupo que fai música mediterránea (etiqueta que eu non coñecía).

Despois do concerto, que me gustou moito (merquei o modesto CD que poñían á venda a prezo máis que asequible), podo dicir que baixo a etiqueta de "música mediterránea" parece estar a música turca, grega, tamén doutros lugares como Macedonia, os Balcáns ou Bulgaria, e tamén parecía haber moita música sefardí.

Parece que o concerto non tivo moito tirón popular xa que só eramos 6 os espectadores, pero resultou moi interesante e didáctico, xa que ante o distendido ambiente, foron explicando as diferencias entre os instrumentos que tocaban, case todos bastantes exóticos.

O grupo está formado por Isabel Martín, que tocaba a percusión concretamente varios pandeiros grandes, un con ferreñas e outro sen elas (seguro que tiñan máis diferenzas entre eles, esa era a máis visible)e cantaba, cunha armoniosa, limpa, doce e fermosísima voz. E tamén está Carlos Ramírez, que tocou catro instrumentos de corda, que creo que eran o saz, uk, yayli tanbur e lavta (todo isto non o podo asegurar) e unha zanfona. Polo que dixo, todos os instrumentos de corda eran de orixe turca, e o yayli tambur se tocaba cun arco.

En definitiva, unha alternativa interesante e non convencional nun local innovador como La Tuerka 27.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2012 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0