Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Quico Cadaval e o negro Ismael
E para rematar esta fantástica semana, onte fomos ver ao Teatro Colón ao magnífico Quico Cadaval, nun espectáculo de contacontos no que ía contar a historia de Ismael, o negro.

Había moito tempo que non veía a Quico actuar el só, e ganas non me faltaban, e precisamente esa historia xa lla escoitara outra vez, pero velo e escoitalo a el era unha delicia de tal calibre que hai que facer o esforzo. E fíxose.

Pois nada, como era previsible, alí estivo, case hora e media, coa súa extraordinaria fluidez verbal, deleitándonos. Nalgún momento pareceume que baixaba un pouquiño o ritmo, e chamoume a atención que esta vez fixo menos digresións das que son habituais nel, algunhas longuísimas ás que nos ten afeito, e que despois ten a capacidade de volver ao punto exacto da historia onde o deixara. Pero xa digo, estivo case hora e media cunha historia, e non paramos de rir coas súas anécdotas.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2012 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0