Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

De ratos e homes
Tamén esta semana, fomos ver ao Teatro Rosalía a obra "De ratos e homes", versión do clásico de John Steinbeck, con produción da empresa de Concha Busto, aínda que coproducida por varios teatros españois.

A verdade é que a produción é bastante boa e poderosa, os actores son magníficos e a posta en escea tamén moi completa, así que como a obra tamén é moi boa, o resultado xa volo podedes imaxinar.

Está dirixida por Miguel del Arco, e aínda que todos os actores están moi ben, suponse que debemos destacar aos dous principais, que son Fernando Cayo e Roberto Álamo.

Eses dous actores representan a George e Lennie, dous amigos que van buscando traballo polas granxas na época da Gran Depresión. Lennie ten un certo atraso intelectual, pero unha forma descomunal, e George vai conseguindo traballo para os dous, aínda que con certa frecuencia bótanos ou teñen que escapar dun lugar polos "líos" que provoca Lennie ao realizar algunhas cousas, sen malicia ningunha pero con consecuencias tráxicas ou perigosas.

Como é habitual en John Steinbeck, especialmente célebre con novelas como esta e "As uvas da ira", centradas nas clases medias e baixas americanas durante a Gran Depresión dos anos 30, esta historia é un gran drama que conmove a calquera.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2012 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0