Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Micro-teatro en La Tuerka 27
E ao día seguinte volvimos ir á Tuerka 27, pero esta vez para contemplar un tipo de espectáculo que nunca viramos en directo: o micro-teatro.

A cousa consiste no seguinte: nunha sala moi pequena, poñamos de 3x3 metros, están dous actores (nas que nós vimos, sempre home e muller) e o público, cunha capacidade máxima de 12-15 persoas, está de pé pegados ás paredes da sala. E nese espazo e circunstancias transcorre unha obra que dura en torno aos 15 minutos. É unha experiencia fantástica, estar tan cerca dos intérpretes, por momentos parece que formas parte da obra.

Durante tres semanas, tres días á semana, estiveron representando as catro obras das que vou falar a continuación. Casualmente, nós fomos un día que era do espectador. Como cada obra custa 3 euros, ese día podes ver as 4 obras polo prezo de 3. E a coordinación entre salas é fantástica. Cada obra se representa 5 veces cada noite. Pero grazas aos xestores do local, que moven á xente dunha sala a outra, conseguimos ver as catro obras en menos de hora e media, e por un prezo de 9 euros. Eu penso que a experiencia é fantástica e moi recomendable para todas as persoas ás que lles guste o teatro. As catro obras que vimos nós foron as seguintes:

- A escena: Representanda en castelán por Luísa Veira (saía nalgún programa dos primeiros anos da TVG, había anos que non a veía) e Miguel Manzano, trata da loita dun asistente dunha vella actriz veterana, que non quere saír ao escenario porque acaba de sufrir unha grande pérdida, para conseguir que saia porque o público está esperándoa. Hai momentos de bastante tensión nos que pensas que aínda che pode caer unha ostia, sensación moi curiosa.

- Inverno Occidental: Dous personaxes, que representan a unha empregada dun banco, bastante estirada e prepotente, que non concede créditos con facilidade pero despois é despedida; e o outro é un empregado do INEM que quere pedir o crédito e despois tramita a prestación de desemprego da empregada. En galego, representada por Manuela Varela e Xoán Carlos Mejuto, este último director do grupo de teatro da A.C. Alexandre Bóveda.

- Amsterdam: Unha parella, que están continuamente consumindo droga, teñen unha conversa algo delirante e absurda (seguramente o habitual neste tipo de persoas) sobre todo tipo de cousas. Representada en galego por Rubén Riós e unha actriz que non sei quen é. Teoricamente a titular era Estíbaliz Veiga, que a vimos no local pero non actuou, e a súa suplente era Isabel Risco, que non estivo por alí. Así que actuou outra suplente, pero non a coñecía.

- Piso 57: Interpretada en castelán por Marita Martínez e Daniel Currás, trata dun tipo que se vai suicidar tirándose da cornixa dun rañaceos, pero aparece por alí unha policía camuflada como churreira, e a conversa e discusión que teñen sobre que facer.

Conclusión: unha experiencia magnífica, a ver cando volve haber micro-teatro, porque volverei sen pensalo, seguro.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2012 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0