Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pepo Suevos
Nesta intensísima semana cultural na cidade da Coruña, ocorreu un feito importante e que seguramente fará mellorar aínda máis a nosa "calidade de vida cultural".

Fomos por primeira vez a un local "máis ou menos" novo (debe levar aberto 1 ano, ou por aí) que está no popular barrio do Gurugú, cerca do mercado de Santa Lucía, chamado La Tuerka 27. E polo que vimos nestes días, este local nos dará grandes alegrías xa que a xente que o leva é tremendamente creativa e orixinal, e pon en marcha grandes ideas, como veredes.

A nosa estrea foi un espectáculo de contacontos ou monologuista máis ou menos clásico. Fomos ver unha actuación de Pepo Suevos, un dos mellores de Galicia, ao que non tivera aínda a posibilidade de asistir a un espectáculo completo en directo.

E estivo moi ben, alí nos tivo, case dúas horas, un martes pola noite (que marabilla que haxa este tipo de cousas tamén en días que non son fin de semana), sen parar de rir nin un segundo.

Saúdos.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2012 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 É certo. Moi ben a pasamos. Moito rimos. O ambiente é fantástico e, ter ao actor tan perto de un engade admiración. ¡Cómo poden entrar en situación#blgtk08# pegados á xente! É fantástico. Seguro que teremos moitas posibilidades de seguir disfrutando deste local e da súa programación.
Ata outra.
Comentario por Rosa (06-10-2012 14:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0