Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O médico a paus
Onte fomos ao Fórum Metropolitano a ver algo máis de teatro, que nunca está de máis. Eramos conscientes de que o nivel da obra non ía ser tan alto como outras veces, xa que era teatro amador, de que non habería moito público, e todo iso, pero a pesar diso tiñamos ganas de vivir a experiencia e pasámolo ben.

O Grupo de Teatro Municipal de Ames, dirixido pola actriz profesional Mónica Camaño (iso me pareceu ver nun cartaz á saída) representou "O médico a paus", de Moliére.

Xa se sabe que as obras de Moliére son moi resultonas (había anos que non veía unha) e nunca decepcionan. E esta vez foi igual, obviamente. Como é habitual neste tipo de grupos, non había nin o máis mínimo atrezzo nin escenario, pero con imaxinación supérase todo. Algúns dos actores e actrices facían de cadeiras nalgún momento. O vestiario non era moi elaborado, pero lucía ben e chamaba a atención.

En conclusión, que a representación deste grupo foi máis que digna, e pasamos unha moi boa función, e supoño que a eles tamén lles faría algo de ilusión actuar alí, aínda que fora nun dos recintos máis modestos da cidade.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-09-2012 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0