Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Andando a Terra
Un ano máis, na Coruña, a comezos de setembro, como xa é habitual, a Fundación Manuel María celebrou cun emotivo e fermoso acto o cabodano do insigne poeta que lle dá nome, que nos deixou nesta cidade o 8 de setembro de 2004.

Xa estamos afeitos a que este acto todos os anos signifique un magnífico comezo da tempada, e este ano non foi menos.

Presentouse un libro con poemas inéditos del (creo que xa os últimos que quedaban por saír do prelo), titulado "Os lonxes do solpor", que leva ademais un DVD coa curtametraxe "De amor e cantería", realizada por Pixel Films e proxectada o ano pasado, e o CD do disco que Uxía e os seus magníficos músicos brasileiros presentaron ese día, titulado "Andando a terra".

O acto consistiu na proxección dunha nova e poética curtametraxe titulada "Danza do poema emocionado", tamén realizada por Pixel Films, baseada en dous poemarios infantís: "As rúas do vento ceibe" e "Os soños na gaiola". E despois o magnífico concerto de Uxía, acompañada do xenial Sergio Tannus ás guitarras, Serginho Sales ao acordeón e Paulo Silva ás percusións.

O colofón final foi espectacular, con todo o teatro en pé, en absoluto silencio, e os catro músicos na platea, os instrumentos desenchufados e Uxía cantando "a capella" o "Alalá das Mariñas".

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-09-2012 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0