Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Calisto
E tamén fomos ao Teatro Rosalía (e non eramos moitos, non chegaríamos a 20) para ver "Calisto" de Teatro Meridional, a cargo do actor Álvaro Lavín.

Obviamente, do título, pode deducirse que era unha versión da Celestina. Centrado no personaxe de Calisto, fai un repaso pola historia do mesmo e da obra, sobre todo no seu primeiro século de existencia.

Chega incluso ao Londres de finais do século XVI, onde é vista a obra por William Shakespeare, e din alí que lle inspirou o "Romeo e Xulieta".

E resulta impresionante que o actor Álvaro Lavín sexa capaz de, sen levantarse en hora e pico, representar máis de 20 personaxes diferentes destas historias que conta, simplemente con diferentes voces, posturas e xestos. E nalgún momento o cambio dun personaxe a outro era de décimas de segundo.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-09-2012 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0