Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A función do tequila
Tamén fomos ver ao Teatro Colón a representación de "A función do tequila", peza que gañara unha edición do premio de teatro Rafael Dieste.

Co texto de Manuel Guede e dirección de Antonio Simón, actúan Manuel Manquiña, Santiago Fernández, Luisa Merelas e Elina Luaces.

A verdade é que a información que recibín durante os días anteriores sobre a obra resultou algo confusa. Por unha banda, o programa de man da obra falaba dunha rapaza galega que foi secretaria de Castelao en Nova Iork en 1938, cando buscaba apoios para a causa republicana española. Pero que tamén era unha axente da intelixencia americana.

E, por outra banda, nunha entrevista, Manquiña daba a entender que a obra xiraba en torno a José García Peña, "Jalisco", os seus varios crimes e a súa relación co departamento de intelixencia americano. Efectivamente, estivo casado con María Docampo, secretaria de Castelao no 38, e algún tempo despois, cando xa non estaban xuntos, para quitarlle uns documentos que tiñan que ver co galeguista, matouna.

Pero ao final, tiña razón Manquiña, e non o programa de man, cousa que resulta bastante estraña. Non sería raro que algunha-bastante xente se achegara á obra coa intención de saber algo máis sobre a vida de Castelao. Pois os que o fixeran así (un pouco como me pasou a min) sairán claramente decepcionados, xa que se lle menciona nun par de diálogos, e nada máis. Todo xira en torno á complexa personalidade do paranoico e celoso axente de orixe mexicana. O tema non está mal pero tampouco sei se dá para tanto a cousa.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-09-2012 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0