Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vikingland
E tamén no CGAI vin outra rareza, esta vez poderíamos definila como galego-escandinava.

Pois isto trata dun mariñeiro da Guarda, chamado Luis Lomba "O Haia", que, xunto a outros veciños desa vila, a principios dos 90 estaba traballando nun ferry que unía a cidade danesa de Romo e a illa alemana de Sylt.

Entón, a mediados do ano 93, Luis merca unha cámara de vídeo para gravar como é o seu traballo e amosarllos aos seus familiares, amigos e a unha moza mexicana que acababa de botarse. Pasa a marea do outono do 93 e inverno do 94 traballando nese proxecto.

É moi curioso, vese como é o duro traballo dos homes do mar (e o seu non é o máis duro nese sector, nin moito menos), vese tamén o narcisismo do Luís, como lle gusta verse, gravarse. Hai que ter en conta que en moitos casos aparece el diante da cámara, ben porque outro está rodando, ou porque a deixa en automático e a manexa co mando a distancia, etc. Están continuamente preocupados por se está gravando ben ou non.

En definitiva, un documento sociolóxico moi curioso, que non deixa indiferente. O director foi Xurxo Chirro, que é o fillo dun dos mariñeiros que sae no documental. Xa foi ao festival de Marsella, que é un dos máis importantes do mundo nesta disciplina, e xa foi seleccionado para dous ou tres máis en todo o mundo.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2012 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0