Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cold weather
Agora que me estou convertendo nun asiduo visitante do CGAI na Coruña, contareivos unha das últimas películas que fun ver alí, para non variar algo-bastante estraña e pouco comercial.

É cine independente americano, a cargo dun xoven director duns 30 anos, chamado Aaron Katz. A persoa que me acompañaba díxome que vira as outras dúas películas que dirixira, e xa me comentou algunhas características comúns dos seus filmes, como a súa habitual lentitude (segundo el, esta era a que tiña máis ritmo), algúns diálogos absurdos e os finais abruptos que non aclaran nada (como se lle acabase o orzamento cando lle faltaba un cuarto de hora).

En todo caso, non estivo mal, unha trama interesante e unha historia non mal contada. Trata dun rapaz que estaba estudiando para forense en Chicago, pero non remata, e volta para a súa vila, Portland, e ponse a vivir coa súa irmá. Alí consegue un traballo nocturno nunha fábrica de xeo, recibe a visita da súa ex-moza de Chicago, e pásalle a ela unha estraña historia, que el e un colega de traballo intentar resolver. El é un grande admirador de Sherlock Holmes, e intenta seguir os seus métodos deductivos para resolver o caso.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2012 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0