Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

You are here
Nesta nova xeira na que estou visitando como nunca antes o CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) na Coruña, o outro día fun ver outra estraña película (alí non é demasiado raro que suceda iso).

Titúlase "You are here", e foi dirixida por Daniel Cockburn en 2010. Está no ciclo Box to Box, que trata de cineastas que pasaron da videoarte á longametraxe, así que xa podedes supoñer que non é cine moi comercial.

Como poderedes supoñer, non resulta nada doado explicar de que vai. Pero a persoa que estaba comigo vendo a cinta chegou á mesma conclusión. Resultando moi estraña e difícil de entender, as imaxes e as situacións resultaban atractivas e interesantes, levaban nalgunha dirección aínda que non sabías cal. Algúns exemplos serían:

- Unha arquiveira que cataloga e arquiva na súa casa todas as cintas de audio ou video que atopa cando vai paseando pola rúa, que polo visto son moitas. Semella que este é o fío argumental de todas as outras historias, pero non me preguntedes como.
- Unha porta no alto dun edificio que está no medio dunha das fachadas. Supostamente é o final dun corredor. Hai unha rapaza facendo "footing" que sube polas interminables escaleiras do edificio para atopala, e ao final faino.
- Un home pechado nunha habitación que recibe por debaixo da porta follas con mensaxes en chinés. Nun andel da habitación hai unha enciclopedia titulada "Diccionario para traducir mensaxes en chinés que recibas por debaixo da porta"
- Unha oficina na que traballan dous homes e dúas mulleres que están continuamente recibindo chamadas doutras persoas, que lles din onde se atopan, e estes telefonistas indícanlles en que dirección teñen que avanzar. Nalgún momento vese a tensión nas súas caras ao adiviñar que varias desas persoas van atoparse pola rúa (son identificables porque levan unha especie de móbil negro e bastante grande). Semella que as persoas que atopan ese "móbil" pola rúa (como lle sucede á arquiveira ao final) pasan a ser manexadas por esas persoas da oficina, que lles indican o que teñen que facer.

Como vedes, unha paranoia bastante retorcida, pero que resulta atraínte e suxerente.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2012 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0