Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A mesa e manteis
Acabo de rematar a lectura dun libro máis da colección Mandaio de Biblos, o Clube de Lectores galegos, fundado por Tucho Calvo e Carmela González.

Titúlase "A mesa e manteis", o autor é Xavier Castro, e trata sobre a historia da alimentación en Galicia.

Divide a historia en catro etapas, que son: a paleolítica e castrexa, a Idade Media, a Idade Moderna e a Contemporánea. E en cada unha delas vai analisando en detalle cales eran os alimentos principais na dieta galega, facendo tamén referencia a clases sociais e idades.

Unha das cousas que máis me chamou a atención non fai referencia á dieta galega en particular, senón á especie humana. Eu xa lera algo de que o cociñado dos alimentos fora un dos factores que máis desenvolveu a especie. Sospeito que principalmente terá que ver co diferente tipo de nutrientes que entran no organismo ao cociñalos. Pero neste libro tamén fan referencia a outro feito. Ao cociñar os alimentos, fixéronse máis brandos, e polo tanto a proporción do espazo craneal que ocupan as mandíbulas decrece, e crece o espazo para o cerebro, que comeza tamén a medrar. E ademais diso, ao disminuír o peso da mandíbula, iso provoca que o centro de gravidade retroceda un pouco e iso facilitou que pasáramos a ser seres bípedos. Moi interesante.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-01-2012 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0