Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As cores do mar de Galicia
E, para rematar este percorrido expositivo por Compostela, no Centro Sociocultural Nova CaixaGalicia, na Praza de Cervantes, hai varias exposicións, pero a min gustoume especialmente a titulada "As cores do mar de Galicia", que é un proxecto de José Luís González e da empresa Marevisión.

Non é especialmente novidoso, pero amosa un bo feixe de fotografías de animais mariños captadas baixo as augas galegas e un interesante video de 45 minutos con esa mesma temática.

Buscando agora unha foto pola rede acabo de atopar un anuncio desta mesma exposición de HAI 8 ANOS nas Pontes de García Rodríguez. A fotografía do folleto era a mesma, polo tanto supoño que falamos da mesma exposición. Mais paréceme xusto que unha exposición tan interesante vaia xirando por toda a xeografía galega.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-01-2012 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0