Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A paisaxe nórdica no Prado

Na sede da Fundación CaixaGalicia, na rúa do Vilar de Santiago de Compostela, hai unha mangífica exposición titulada "A paisaxe nórdica no Prado: Rubens, Brueghel, Lorena".

Poñen a eses tres autores míticos como exemplos, aínda que hai moitos máis. De Rubens hai varios cadros, de Claudio de Lorena tamén, pero entre Jan Brueghel e vello e o novo, hai moitos máis. Basicamente, son cadros de pintores flamencos do século XVII, e con temáticas baseadas nas paisaxes, e moitos deles resultan espectaculares.

Hai moitos cadros marabillosos, algúns de paisaxes case fantásticas de montañas pintados por autores que nos seus países (absolutamente chans) non podían velas nin de lonxe. A min un dos que máis me gustou foi "Asedio de Aire-sur-la-Lys", de Peter Snayers, no que se ve, dende un monte elevado, a fisonomía completa dunha ampla cidade murada no inverno, e no primeiro plano vese como un exército está preparándose para tomala.

Vai estar ata finais de febreiro, deberíades ir vela se tedes oportunidade.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-01-2012 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0