Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O sendeiro sinouso de Jeff Wall

O outro día achegueime a Santiago a ver unha serie de exposicións que tiñan moi boa pinta, así que aproveitando as vacacións do Nadal, fun un día por alí.

Unha delas é a que ocupa por completo o Centro Galego de Arte Contemporánea, en Bonaval. Titúlase "O sendeiro sinuoso" (The crooked path) e preséntase como unha exposición de Jeff Wall, aínda que tamén hai obras doutros autores, como Marcel Duchamp, que lle serviron de referente nalgún momento.

En calquera caso, para min as pezas máis interesantes foron as do propio Jeff Wall, un fotógrafo-creador cun visión moi particular.

Por exemplo, a fotografía que dá nome á exposición, un pequeno sendeiro "inventado" polos habitantes dunha cidade, que cruza un pequeno prado adxacente a unha zona industrial e que é definido pola herba deitada e pisoteada polo paso da xente, é dunha poesía indescritible.

Como a súa obra máis famosa, "O pensador", que vedes na foto, onde unha persoa en pose de "pensador", subido a un estraño pedestal formado por un tronco sobre unhas pezas de cemento típicas no mundo da construcción, cunha espada cravada nas costas, mira a un amplo paisaxe dunha cidade americana.

Ou esa fotografía baseada nunha novela que el leu, onde se ve algo así como unha cabana cun señor dentro, e o teito dela cheo de bombillas. Ou esoutra onde varios grupos de persoas semellan estar pasando o seu tempo libre nun terraplén formado baixo os pilares dun viaduto dunha autopista.

Como case todo na arte contemporánea, non deixa indiferente, pero neste caso, a min polo menos, transmitiume moitas ideas.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-01-2012 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0