Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O soño do celta
Acabo de rematar a lectura -neste grande Nadal lector- de "O soño do celta", a última obra de Mario Vargas Llosa, premio Nobel de Literatura no ano 2010. De feito, a concesión dese premio e a saída comercial deste libro deberon ser bastante cercanas entre sí.

Non vou gastar moito tempo nin espazo en dicir que Vargas Llosa, como persoa, non me agrada, pero iso non ten nada que ver con como escribe. Tamén é certo que lin hai tempo algunhas obras del e me pareceron máis sublimes, que había máis creación e máis frescura na linguaxe. Nesta última obra non me pareceu vela, e fala dun personaxe histórico algo descoñecido, así que xogaba con todo a favor, é dicir, non tiña moita trama que inventar e o público, ao descoñecer bastante esa figura, tería máis dificultades para saber que parte fora real e cal foi novelada por el. Pero hai que agradecerlle que puxera luz sobre un personaxe moi interesante e poliédrico do que, polo menos eu, nunca oíra falar.

Trátase de Roger Casement, ao que poderíamos calificar como aventureiro. Foi o primeiro en denunciar, a comezos do século XX, os terribles abusos que os belgas estaban levando a cabo na explotación (nunca mellor dito) do caucho no Congo, esquilmando as poboacións de indíxenas nunhas condicións de escravitude e salvaxismo sen precedentes. Coñeceu e guiou a Joseph Conrad nese entorno, que se inspirou nesa experiencia para escribir "O corazón das tebras", na que máis tarde se inspirou Coppola para rodar "Apocalypse now".

Máis tarde, co prestixio acadado por esa razón, foi enviado a Iquitos (grande cidade da Amazonía peruana), e á zona do Putumayo (afluente do Amazonas que fai de fronteira entre Perú e Colombia) para investigar sobre o terreo se unha grande empresa daquela zona tamén explotaba e escravizaba aos indíxenas para recolectar o caucho. Efectivamente era así, con tanta ou máis virulencia ca no Congo. Coas súas sucesivas denuncias e informes, conseguiu botar abaixo esa inhumana transnacional (con sede na City de Londres) e poñer baixo sospeita a toda esa industria.

E nos últimos anos da súa vida dedicouse a loitar pola independecia de Irlanda, a súa terra. A súa loita contra o colonialismo no Congo e na Amazonia fíxolle xirar a vista cara ao seu país, que estaba colonizado polo Reino Unido. Aproveitando que o Reino Unido e Alemania se declararon a guerra en 1914, intentou que estes últimos apoiaran a independencia de Irlanda. Pero era un dobre xogo moi complicado, sobre todo para el, que polos traballos anteriores tiña condecoración do máis alto nivel do Imperio Británico.

Finalmente foi xulgado por alta traición á patria, e o goberno británico aproveitou para difundir uns supostos diarios del nos que recoñecía as súas aventuras homosexuais e pederastas en moitos lugares. El mesmo non chegou a aclarar se era certo o que neles poñia ou non, facendo así que a puritana sociedade inglesa baixara do seu pedestal a unha persoa á que admiraba moito ata aquel momento. Foi condeado a morte e aforcado o 3 de agosto de 1916. Ata case 50 anos máis tarde, o goberno inglés non permitiu que os seus restos volveran a Irlanda.

A que resulta incrible que un personaxe coma este sexa tan descoñecido para o gran público!!

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-01-2012 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0