Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fotos de Varsovia e Cracovia |
|
 Neste último verán, Manolo Graña, un socio da A.C. Alexandre Bóveda, foi con varias persoas máis de vacacións a diversos lugares de Polonia.
E como habitualmente, fixo unha proxección dalgunhas das fotografías que alí sacou, que gustaron moito o outro día, cando as vimos.
Basicamente a súa viaxe consistiu na visita a Varsovia, Cracovia, as minas de sal de Wieliczka, e os campos de concentración de Auschwitz e Birkenau.
Das moitas cousas interesantes que vimos, chamáronme especialmente a atención as minas de sal, cercanas a Cracovia. Cunha profundidade de máis de 300 metros, e máis de 300 quilómetros de galerías, hai tanto espazo que ata hai unha catedral no seu interior, feito totalmente con sal, obviamente. Ata niso se nota a relixiosidade dese país. A foto que vedes é desa "catedral salina".
Saúdos. Os Mártires da Caeira.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
É unha viaxe preciosa. Eu tamén a fixen ai uns anos. Sinto non ter podido asistir á proxección porque volverí#blgtk08#a a revivila. Outra vez será. Gracias ter amigos que queran compartir as súas vivencias cos demáis. Graciñas |
|
|
Comentario por Rosa (18-11-2011 17:25) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|