Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O ultimatum de Bourne
Onte pola noite vin na televisión pública (é dicir, sen anuncios) unha nova película: "O ultimatum de Bourne".

Do ano 2007, dirixida por Paul Greengrass, e como estrela absoluta con Matt Damon, facendo do super-axente da CIA Jason Bourne.

Este tipo de cine non me pega nada, as súas historias non é que me apaixoen, o meu organismo non reclama en absoluto o seu ritmo adrenalínico, pero de cando en vez, para descansar, non está mal ver algunha para variar.

A trama vén sendo como segue: o super-axente da CIA Jason Bourne (que xa estivo en dúas entregas anteriores) está investigando en que consiste o programa no que está participando, xa que algunhas cousas non encaixan na súa vida, e ten fuxidías lembranzas do seu pasado antes de poñerse a traballar nese proxecto.

Entón comeza a entrevistarse con xente que parece saber algo, e a propia CIA (que leva tempo buscándoo para eliminalo, pois o consideran unha grande amenaza) capta esas conversacións, e comeza unha persecución para collelo a el e aos que filtraron a información. O final tampouco interesa demasiado contalo aquí.

Como dicíamos, as caralladas da CIA, os seus programas secretos de espionaxe e asasinato, os seus métodos e o absurdo de que a súa maior amenaza sexa un ex-axente deles (típicas paranoias do militarismo americano), basicamente me importan un carallo.

Por outra banda, o ritmo absolutamente frenético, as escenas de persecución e loita onde as imaxes se suceden tan rápido que practicamente non ves nada, senón que o intúes, tampouco me agradan. Tamén se ve en funcionamento a Rede Echelon, de espionaxe internacional das comunicacións, e practicamente calquera conversa que aparece na película, aínda que sexa coa escobilla do water, pode ser interceptada. Flipante.

Pero hai algunhas cousas que me gustan. Por exemplo, que se ven moitas paisaxes internacionais, a trama sucede en moitos sitios diferentes, como New York, Londres, Madrid, Tánger, Turín, e algún máis que non lembro agora. Por momentos, parecía James Bond.

E tamén me gustaron os destellos de intelixencia que lle puxeron a Jason Bourne, que brillaron moito nalgunha escena. Por exemplo, cando cita a un xornalista na estación de tren de Waterloo, e para falar con el sen que lle intercepten a comunicación, merca un teléfono de tarxeta, pasa ao seu lado e déixallo caer no peto (nese momento só Bourne coñecía ao xornalista, pero non ao contrario) e despois chámao a ese teléfono, ante a desesperación da CIA, que ve aparecer un aparello que eles non tiñan intervido.

En definitiva, pura pirotecnia estadounidense, de moita acción, especialmente dirixida a esa xente á que lle gusta facer "puenting".

Saúdos.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2011 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 a primeira peli de bourne si foi flipante. Definíana como unha peli de espias pra xente intelixente e o pode ser. Non é unha historia#blgtk08# baleira ou chea de cousas imposibles como mísiles que se lanzan dende a lúa

Vamos que se pode ver e resulta entretida
Comentario por Nemigo (12-09-2011 19:27)
2 Algunha cousa incrible si que había. Como cando cerca do final, provoca mediante unha chamada que xa sabía que estaba intervida, que sigan á súa aliada na CIA, e despois entra e chama dende o despacho do "malísimo". Entra e sae n#blgtk08#o núcleo da CIA como se traballara alí, cando era un dos seus maiores inimigos. Resulta unha escea moi impactante e resultona, imposible fisicamente non é, pero moi pouco crible.

Saúdos. Viaxes O Lóstregho.
Comentario por Viaxes O Lóstregho (12-09-2011 21:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0