Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gipuzkoa: Costa oriental

E, debido ao cambio de meteoroloxía que antes comentamos, fixemos mediocremente en dous días o que tiñamos previsto facer nun, visitar a tamén abraiante costa oriental, entre Donostia e o río Bidasoa.

Comezamos coa impresionante ría de Pasaia (Pasajes en castelán). O pequeno porto de Donostia é pesqueiro e, agora, tamén deportivo. Pero compleméntase co porto mercante que está na ría de Pasaia, tremendamente amplo para a estreita bocana que ten (resulta sorprendente ver os barcos que entran por ese lugar), dende logo debe ser ben protexido.

Se miramos de oeste a este, formando toda a ría están as seguintes poboacións: Pasai San Pedro, Trintxerpe, Pasai Antxo, Errenteria, Lezo e Pasai Donibane (Pasajes de San Juan en castelán). A primeira e a última forman a estreita boca da ría, unha a cada lado (chégase dunha a outra nun pequeno barquiño en pouco máis dun minuto).

De todas elas, segundo a opinión de moitos, a máis encantadora é Pasai Donibane. Non é un lugar moi extenso, senón máis ben alongado. Comeza xusto despois dunha central térmica (ou algo similar, porque neste lugar hai sitio incluso para iso) e chegado a un determinado punto, a vila convértese case unicamente nunha rúa. De feito, hai un semáforo á entrada que dá o paso alternativamente nas dúas direccións e que xa avisa que a espera pode ser de ?10 minutos?. Ao outro estremo desa rúa está unicamente a pequena praza maior.

Tanto por Pasai San Pedro como por Pasai Donibane pode chegarse practicamente á boca da ría, xa no Cantábrico. Dun lado hai un faro, do outro unha pequena praia, a verdade é que esta pequena ría non deixa de sorprender. Déixovos cunha foto da boca da ría, onde entra o bravo mar.

E rematamos a viaxe en Hondarribia, fermosa vila que non puidemos percorrer coa extensión que nos gustaría debido á climatoloxía, unha vez máis. Pero aínda puidemos pasear algo polo casco vello, pola Kale nagusia, pola praza de Gipuzkoa, polo barrio da Mariña, algo polo paseo marítimo mentres as nubes nos deixaron.

E tamén fixemos unha breve visita a Errenteria, que estaba celebrando a festividade do Santiago, importante alí. Ten algunhas cousas moi xeitosas, pero pouco podían verse coa feira e a cantidade de xente que había por alí.

E acabouse a viaxe á provincia de Gipuzkoa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2011 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0