Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gipuzkoa: Costa occidental

Pero sexamos sinceros, en Euskadi, e polo tanto, tamén en Gipuzkoa, é difícil igualar á costa, con paisaxes marabillosas. Neste 3º día de expedición, pretendemos darlle un repaso ás cousas máis importantes entre Orio e Mutriku. Xa adiantamos que a Mutriku non puidemos chegar, e tamén que unha das primeiras visitas non foi na costa, entramos lixeiramente no interior.

Comezamos facendo unha breve visita ao núcleo de Orio, visitando a súa rúa principal e as vistas sobre o río Oria. E de aí subimos ao Parque Natural de Pagoeta, que está bastante cerca, onde hai un grande xardín botánico, ferrerías, etc. Por certo, vimos un pequeno cervo pero non nos deu tempo a fotografalo, pillounos por sorpresa.

E a continuación, Zarautz. A señorial vila coa praia de 2,5 quilómetros, onde Argiñano ten o seu restaurante e hotel nun caserón de pedra a pé de praia. A vila xira en torno á praia, e resulta moi pracenteiro darse unha volta polo paseo marítimo, onde nós incluso xantamos nun chiringuito. Dende alí xa se veía o Rato de Getaria.

Eu non teño palabras para expresar o que sinto en Getaria. Xa era a segunda vez que estaba, e aínda flipei máis que a primeira. Esta pequena vila apretada entre a estrada da costa e o monte de San Antón (coñecido como o Rato de Getaria) esgota todos os adxectivos. En primeiro lugar, as vistas en todas direccións dende este monte son abraiantes. E a propia vila é unha milagre. Comezando porque a igrexa é ?costa arriba? porque pasa unha rúa por debaixo do altar. Nos barrios máis altos, máis alá da estrada, hai escaleiras mecánicas á intemperie. E os viñedos de txakolí. Indescritible.

E despois vén Zumaia. A desembocadura do río Urola dá lugar a unhas estampas moi chulas, a praia, o faro, a igrexa rodeada de casas por todas partes e sobresaíndo claramente sobre todas elas. Un paseo marítimo moi agradable. Pero nada é comparable á praia de Itzurun. Pechada por acantilados de 30 ou 40 metros de altura e con formacións de ?flysch? na propia praia (láminas de rocha que dan lugar a formas como coitelos), cunha pequena ermita nun lugar inverosímil, estreitos acantilados polos que se pode pasear. Déixovos unha foto onde se ve esta fantástica praia.

E rematamos o día en Deba, onde desemboca o río do mesmo nome, coa súa tamén fermosa praia. Alí ceamos e demos un paseo mentres se facía de noite.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2011 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0