Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gipuzkoa: Val dos ríos Urola e Deba

Comezamos o segundo día, con tempo tamén inestable, visitando a vila termal de Zestoa. Non nos chamou especialmente a atención, pero tampouco estaba entre as visitas máis importantes. A continuación, acompañados de bastante chuvia, visitamos o trío Azpeitia-Loiola-Azkoitia. Trátoos como trío porque están moi cercanos entre si e pódese ir andando perfectamente, aínda que nós non o fixemos porque chovía bastante.

En xeral, este trío decepcionou bastante, aínda que pode que a chuvia tamén axudara algo. A primeira das vilas, Azpeitia, gustounos bastante pouco. Poucas cousiñas se poden salientar, e o indicio de que na praza maior estivera todo cheo de coches aparcados non axudou. Despois fomos a Loiola, claramente o mellor elemento dos tres. Antes de entrar na basílica, caeunos un chaparrón considerable. E cando estabamos dentro disfrutando de marabillosa construción da basílica chegaron para avisarnos de que ían pechar. Tampouco íamos pasar o día alí dentro (ademais non é moi grande o lugar). Por sorte ao saír xa deixara de chover. Chegamos a Azkoitia. Algo mellor que Azpeitia está (hai moita rivalidade entre as dúas vilas, lóxico), pero tampouco é para botar foguetes. Está chula a praza da igrexa, onde hai varias casas históricas e pasa o río por un entorno algo coidado, pero nada do outro mundo. Déixovos unha foto da basílica de Loiola.

Despois de xantar, fomos visitar outras dúas vilas que están literalmente pegadas, só separadas polo río (e ás veces está canalizado, ou sexa, que estás cambiando de vila sen sabelo ao pasar por unha praza): Urretxu e Zumárraga. Pouca cousa que ver nelas, poderíamos salientar as prazas onde están as estatuas de Iparaguirre (o compositor do ?Gernikako arbola?, oficioso himno de Euskadi) e de Miguel López de Legazpi (conquistador das Filipinas). Despois fomos a Legazpi a ver un interesante museo: o Museo do Ferro Vasco. Rematamos a xornada visitando dúas das vilas máis interesantes do val do río Deba: Arrasate e Bergara.

Arrasate non é unha vila moi interesante dende o punto de vista monumental e histórico, pero si dende o económico e social. Alí naceron a mediados do século XX algunhas das cooperativas máis exitosas do mundo, como Fagor ou Eroski, que son estudiadas como exemplo de dinamismo económico. Tanto é así, que fundaron alí a súa propia universidade. A vila conserva o trazado medieval, e varias das súas portas, pero poucos monumentos, mais creceu moitísimo.

Bergara si que conserva boa parte da súa historia, aparte de ter tamén un grande dinamismo industrial. Alí deuse o famoso ?abrazo de Bergara?, entre Maroto e Espartero, que deu fin a unha das guerras carlistas. Tamén tiñan institucións moi avanzadas cientificamente, como o Real Seminario, onde os irmáns Elhúyar conseguiron, a finais do século XVIII, illar o tungsteno ou wolframio. Aínda se conservan moitas igrexas, mansións e casas señoriais en torno ao río Deba.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2011 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0