Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gipuzkoa: Ida, volta e visitas descartadas

Comezamos a viaxe dous dos expedicionarios de Viaxes O Lóstregho (un dos fundadores non puido vir por cuestións persoais) o martes 19 de xullo. Decidimos desprazarnos ata Gipuzkoa pola costa cantábrica, xa que a paisaxe é máis bonita. Comprobamos que a autovía transcantábrica segue sen estar rematada. Falta o tramo de Mondoñedo en Galicia, tres tramos ao comezo de Asturias e o famoso tramo final de Asturias, entre Llanes e Cantabria. Chegamos a Orio, onde tiñamos reservada habitación na casa rural Aizperro, sobre as 7 da tarde. Ese día simplemente baixamos dar un paseo pola vila e a cear un pouco. Deixamos unha foto da zona da praia.

Voltamos o martes 26 de xullo, principalmente porque a evolución meteorolóxica dos últimos días fora moi negativa. De novo pola costa cantábrica para casa, vimos o sol por primeira vez en Vilalba, para que vos fagades unha idea do tempiño que nos acompañou.

Esta exhaustiva exploración da provincia de Gipuzkoa non puido ser todo o completa que nos gustaría, e tivemos que deixar sen visitar ?pezas menores? como Irún, Oiartzun, o parque natural de Aiako Harria, o monte Jaizkibel (que cruzamos baixo a mesta brétema). Pola densidade e ambición da nosa axenda, tampouco foi posible visitar outros lugares como Mutriku, Andoain, Eibar.... nin puidemos facer sendeirimo en varios lugares que nos chamaban moito a atención, como subir aos picos Txindoki e Aitzkorri. Quedará para outra vez, se cadra.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2011 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0