Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Villa Florentina

Hoxe estiven en agradable compañía. Como non tiña nada moi moi urxente que facer, decidín achegarme a Villa Florentina (Cecebre-Cambre), que é a sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

Todos os sábados ás 7 da tarde teñen algún acto. Hoxe tiñan unha lectura dramatizada sobre a conmemoración do Día da Lingua Materna. Leron fragmentos de diferentes documentos importantes da lingua galega.

O Foro do Burgo de Castro Caldelas (1228), Cantigas de Santa María, cartas dun Conde de Gondomar do s. XVII que eu descoñecía pero parecía moi interesante, deron noticia dunha condesa de Altamira de principios do s. XVI que se negou a asinar un documento en castelán porque non o entendía, textos do Padre Sarmiento, do Catecismo do Labrego, de Wenceslao (fomentando o achegamento ó portugués)...

En definitiva, moi agradable, e ó rematar, como sempre, o café, as pastas e os biscoitos cos que agasallan a todos os que se achegan por alí os sábados. Hai outros mundos, pero están neste.

A ver se dende a A. C. Alexandre Bóveda podemos facer algunha cousa conxuntamente con esta xente tan esforzada e loitadora.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Fundación Wenceslao Fernández Flórez
Comentarios (2) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 25-02-2007 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Non coñecía ese lugar. #blgtk08#Xa teño outro onde ir.
Comentario por náufrago (25-02-2007 12:19)
2 Ah, o esquecía. E agora están loitando para que o AVE non desfaga o pouco que queda da marabillosa fraga de Cecebre.

Está claro que o tr#blgtk08#azado dese tren está creando moitos problemas. Normal, en Castela hai vinte sitios por onde pasalo, que o cambio non se nota, pero aquí é outra cousa.
Comentario por Ignatius J. Reilly (25-02-2007 12:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0