Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A deusa Kaissa
Custoume bastante atopar unha imaxe da deusa Kaissa, pero creo que esta o é. Creo que é unha divinidade hindú. Considerada a deusa do xadrez.

O outro día lin unha agradable noveliña editada por Biblos, titulada "O xuízo de Kaissa". O autor é Pablo Roibás Painceira. Foi finalista hai un par de anos na novela por entregas da Voz de Galicia. Iso condiciona que non sexa moi longa (lese nun par de horas) e que estea dividida en 31 capítulos breves.

Trata dunha partida de xadrez na cal un dos xogadores fai de narrador. O comezo de cada capítulo amosa un taboleiro onde acaba de facerse un movemento. Mestúrase historia e mitoloxía do xadrez, táctica e estratexia e moitas outras cousas que non teñen que ver co xogo. Incluída unha sinxela trama pseudo-policial. Agradable.

Foi presentada no ano 2006 na Coruña no local da A. C. Alexandre Bóveda. Eu asistín e foi daquela cando souben da existencia de Kaissa. Paréceme estraño que cos certos achegamentos que tiven ó xadrez (que xa deixei, é un xogo moi complexo para a miña mente tan simple) e coa cantidade de xente que hai alí que está en contacto co tema nunca oíra falar desa deusa. Serei despistado!!

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Biblos Clube de Lectores
Comentarios (1) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 24-02-2007 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Perdoa que te corrixa pero Caissa, a musa do xadrez non é ningunha deusa (e moito menos hindú). É unha dríade (espritos das árbores)grega, é venerada como a musa do xadrez a partir dun poema titulado Caissa de Sir William Jones; onde a driade crea o xadrez como xogo para Ares.

Se queres máis información pod#blgtk08#es visitar a vikipedia (lamentablemente na versión galega non aparece, pero si na de castelán).

Espero haberte aclarado algo e non quedar moito de sabelotodo, que conste que busqueino para este comentario (sabía que era unha musa grega pero mira por onde, aprendín eu tamén ben o que era jeje). Veña un saudo
Comentario por Fiach dubh (11-06-2007 01:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0