Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

U-las fotos do Salnés? di o outro
Vista da Illa de Tambo dende o Mosteiro de Poio
Pois si, hai que recoñecelo. Viaxes O Lóstregho desprazouse durante as vacacións de Entroido de 2007 ó Salnés, que fora sacudido polas cheas en novembro. Intentamos botarlle unha man á súa hostelería e comercio, tomándolle unha. O campamento base estaba en Vilagarcía e dende alí facíamos as nosas incursións. Xa sabedes que calquera lugar a menos de 200 quilómetros de onde pernoctemos pode ser escenario dos nosos saqueos.

Incluso saímos algo da nosa zona para pasar por Catoira (FALTARÍA MÁIS), Valga (sendeirismo), Caldas (papeo), Pontevedra (paseo), Poio (papeo tamén) etc. O tempo non foi moi bo, que digamos, pero fixemos o que puidemos.

Como mostra diso, deixamos unha curiosa foto. Casualmente é de fóra do Salnés. Estabamos no Mosteiro de Poio e vendo a fermosa estampa da Illa de Tambo que tiñamos diante, decidín inmortalizala. Eu son un fotógrafo bastante cazurro pero, por sorte, a miña cámara toma decisións independentes cando lle parece. Esperamos que vos guste.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

PD: Obviamente, reanudamos a serie de fotografías do País Leonés coa que levamos dende o 1 de xaneiro. Acabamos de entrar en Zamora capital. Visiten a FOTOBLOGOTECA.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-02-2007 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Ah, xa o esquecía. De momento, non poñeremos nada máis do Salnés. Xa sabedes que intentamos poñelas cronolóxicamente, na medida do posible.

Levamos algo máis dun ano con este blog, e percorremos o treito temporal de#blgtk08# 1998 a 2001. E a partir daquel momento comezou a nosa tola vida viaxeira.

Ou sexa que unhas fotos de 2007........ eu creo que ata o 2010 vai ser imposible.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.
Comentario por Ignatius J. Reilly (22-02-2007 19:22)
2 Boa foto, #blgtk08#sí señor.
Comentario por Merchy (24-03-2007 21:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0